
Secado do sari - despois do baño sagrado
Abhijit NANDI
India
O gañador deste ano do Festimage é profesor. A partir de 2005 empezouse a dedicar máis como afeccionado á fotografía. Desde entón o seu talento foise afirmando a través dos premios que conseguiu, entre os que están: Fotógrafo do ano 2006 (premio outorgado por Better Photography, a revista de fotografía máis famosa da India), o 1.º premio na sección en cor e unha mención especial na sección branco e negro no 19.º Concurso Nacional de Fotografía (organizado polo departamento de fotografía do Ministerio de Información e Medios de Comunicación e Radiodifusión do goberno da India) e o 2º premio na categoría branco e negro e unha mención especial na categoría en cor, no concurso de fotografía Imaxes de Saúde e Discapacidade 2006 da Organización Mundial da Saúde, ademais doutros premios en distintos lugares, como Italia e Xapón.
exposiciÓn: FESTIMAGE
|