
Santiago Michel
Carlos REGALADO
Ourense, 1984
Vive a cabalo entre a cidade de Ourense e A Coruña, onde cursa o ciclo superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son. Os seus inicios na fotografía foron no ano 2005, cando entrou na Escola de Arte Antonio Faílde, de Ourense, onde cursou o ciclo superior de Fotografía Artística. Participou nunha exposición conxunta no ano 2006 na Casa da Xuventude, coa temática do lume forestal en Galicia. No ano 2007 fixo outra exposición no Café Cultural Auriense de Ourense, tentando recoller lugares da cidade das Burgas cunha ollada particular e intransferible.
exposiciÓn: QUE É ISO QUE SOA?
|