INSCRICIÓNS
ATA O 31 DE AGOSTO
O OUTONO FOTOGRÁFICO é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2017 á súa 35ª edición e celebrarase nos meses de outubro, novembro e decembro.
Nesta edición o tema é descrenza
Tes ata o 31 de agosto para inscribirte.
O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías…
Componse de catro seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es, Intersección para traballos no límite do fotografico e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.
Réxese polas seguintes bases:
I
Non se aceptarán exposicións enmarcadas con cristais. As fotografías virán montadas en soportes adecuados para a súa exposición e debidamente protexidas. O Festival non se responsabilizará de dano ningún producido nas obras durante o seu transporte.II
O Festival contará cunha axencia oficial para o envío das exposicións cunha tarifa especial que correrá a cargo das/os participantes.III
As fotos en arquivos dixitais de alta resolución solicitadas nos formularios de participación son para seleccionar e publicar no catálogo e na web oficiais así como para a súa distribución á prensa e redes sociais. A tales efectos, as/os autoras/es participantes ceden os correspondentes dereitos e aceptan a non remuneración de dita publicación en todos os casos.IV
Os arquivos dixitais das fotos solicitadas nos formularios deben ter unha resolución de 300 dpi e o lado maior debe medir 25 cm; a compresión .jpg será de alta calidade (pouco comprimidos). As fotografías deberanse enviar en RGB co perfil Adobe RGB ou ProPhoto RGB.V
Ao inscribir unha exposición no Outono Fotográfico, queda a disposición do Festival os meses de outubro, novembro e decembro do ano en curso para a súa programación. Excepción feita daquelas exposicións que se inscriban xa programadas (con sala e data fixadas). A recuperación ou no seu caso devolución das exposicións poderá realizarase ata febreiro do ano 2017.VI
Na sección Outono Aberto, o Festival porá en contacto a/o autora/or do co espazo expositivo e ambos coordinaranse para levar a bo fin o proxecto expositivo. As/os autoras/es dirixirán ou eventualmente realizarán a montaxe das súas exposicións e xestionarán a recuperación das mesmas.VII
Os proxectos expositivos nos que se requiran medios técnicos –equipos informáticos, de son ou proxección, etc.– estes deberán ser aportados e instalados polas/os autoras/es e os espazos expositivos. Se requiren medios humanos especiais –persoal técnico ou calquera outro tipo de intervención humana complementaria– deberán xestionalos entre ambos.VIII
O Festival non manterá correspondencia ou negociación algunha sobre os aspectos derivados das Bases I, II e III.FORMULARIOS |